Inicios
Empezou en diversas categorías del campionato balear conseguindo o seu primeiro éxito nacional ao gañar a copa Aprilia de 50cc e a de 125cc. Gracias a isto deu o salto ao campionato de España de 125cc e ao campionato europeo onde conseguiu varios podios e vitorias.
125cc
No ano 2002 Derbi fixouse nel e no seu 15º aniversario pasou a ser o piloto máis novo en participar nun Gran Premio de Motociclismo, ao participar no Gran Premio de Jerez do ano 2002 na categoría de 125cc. Esa temporada rematou no posto 21º do campionato de pilotos.
En 2003 conseguiu a súa primeira vitoria en 125cc con Derbi no Gran Premio de Brasil terminando no posto número 12 da clasificación.
2004 foi a consagración como piloto na categoría de 125cc ao gañar 3 grandes premios e terminar 4º na clasificación.
250cc
En 2005, logo de correr durante tres temporadas en 125cc, deu o salto á categoría de 250cc cunha Honda RSW250 do equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain tendo como compañeiro a Héctor Barberá, acadando na súa temporada de debut na categoría 6 podios e 4 pole position, co que acabou en quinta posición ao final de campionato.
No 2006 o equipo dirixido por Daniel Amatriain cambiou de montura, trocando a Honda por Aprilia, co que Lorenzo pasou a pilotar a Aprilia RS250, sendo xa piloto oficial de Aprilia. Este cambio supuxo o seu primeiro título mundial con 8 triunfos en carreiras do mundial.
No 2007 volveu a gañar o campionato do mundo de 250cc moito máis comodamente que na temporada anterior ao gañar 9 carreiras.
MotoGP
2008
Jorge Lorenzo coa Yamaha YZR-M1 en 2008
Jorge Lorenzo con Valentino Rossi en Francia 2010
Na temporada 2008 Lorenzo pasou á categoría raíña ao asinar co equipo oficial de Yamaha, sendo o seu compañeiro de equipo o oito veces campión do mundo Valentino Rossi.
Aínda que Rossi e Lorenzo levan a mesma montura non usarán o mesmo provedor de pneumáticos: Lorenzo usará Michelin e Rossi montará Bridgestone, despois do bo rendemento dos pneumáticos nipóns no 2007.
O 8 de marzo de 2008, Jorge Lorenzo logrou a pole na súa primeira carreira na categoría raíña do motociclismo.
Un día despois, na súa primeira carreira en MotoGP, conseguiu subir ao podio en segunda posición, por detrás de Casey Stoner e diante de Dani Pedrosa.
Na segunda carreira da temporada, no circuíto de Jerez, conseguiu a segunda pole position da súa carreira, facéndoo por segunda carreira consecutiva, polo que pasou a ser o primeiro piloto, novato na categoría raíña en facer dúas poles nas dúas primeiras carreiras da temporada. Ao final da carreira finalizaría en 3ª posición, por detrás do seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi e o español Dani Pedrosa.
No Gran Premio de Portugal (partindo por 3ª vez consecutiva desde a pole); conseguiu a súa primeira vitoria en MotoGP logo de abrir un pequeno oco a metade de carreira despois dunha disputa corpo a corpo con Valentino Rossi e Dani Pedrosa, que foron terceiro e segundo respectivamente. Nesta carreira pasou a ser líder do Mundial, compartido con Pedrosa, acadándoo por primeira vez nesta categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario